lunes, 21 de marzo de 2011

DOÑOS

Era unha noite fría e escura de inverno. O sol estivera oculto polas nubes todo o día pero agora era de noite e parecía que despexara. A lúa brillaba no ceo. Comezou a chover como nos días anteriores. Era un pobo pequeño de Galicia chamado Os Doños e aparecera un morto. Apolicía viñera investigar pero non se sabía nada.
Os veciños supuñan que o morto esvarrara nas rochas da ponte e caera pola ponte. Ainda que a ponte non era moi elevada, parecía que se golpeara fortemente a cabeza.
Dous días despois de aparecer o cadaver, foi a policía casa por casa a buscar información sobre o individuo. O morto era un veciño dunha aldea cercana chamada a Hermida. Ó parecer o morto parecía que había sido envelenado e tamén tiña fracturas que non se atribuían a caída.
A policía puido averiguar que o morto se chamaba Luis e vivía casi el so na aldea porque os demais veciños non estaban e o resto morrera xa.
Ó parecer non tiña inimigos e era moi reservado. Xa estaba xubilado polo que o único que facía era coidar os seus animais.

A policía non atopara ningunha razón para que o asesinaran pero non parecía unha morte normal polo que volveu a escena do crime para investigar. Días máis tarde atopáronse no medio duns matorrais un saco e unhas cordas.

A policía seguiu investigando para saber donde estivera antes de caír pola ponte, e despois de moitas preguntas, súpose que estivera nun bar cercano, no que tivera un altercado con outra persoa chegando as mans. A policía atopara as razóns de porqué tiña fracturas e moratóns polo corpo pero o que aínda non sabía era como podía haber sido envelenado.

Os análisis do veleno deron un resultado que non se esperaba. A procedencia do veleno resultou ser dunha cobra que non podía vivir de forma natural en Galicia por ser unha especie que necesita sempre calor. A policía seguiu investigando se puidera escapar dalgún lugar cercano pero non se vendera de forma legal ningunha serpe con estas características.

O inspector de policía pensou que era raro o acontecido, polo que tiña que ser un asesinato premeditado pero non se sospeitaba que ninguén tivera causas para matalo.

Días despois outro morto apareceu, esta vez morrera na súa casa e as causas parecían as mesmas, un estrano veleno rematara coa súa vida.

Un vendedor de animais entregouse á policía e contoulle todo. A serpe lle escapara. Foi na súa procura cun saco co que a intentaría capturar pero mentres a buscaba encontrou o cadáver. Polo medo de que lle votaran as culpas da morte do home ou lle pecharan o seu negocio, decidiu tirar con todo, escapar e non dicir nada pero o enterarse de que máis persoas morreran decidiu decir a verdade.

A serpe foi achada morta polo frío do inverno e o vendedor foi xulgado con dez anos de cárcere, pero antes de entrar, suicidouse pola culpa de que dúas mortes foran pola sua culpa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario