martes, 22 de marzo de 2011

DÍA 1

O día chegara, o día en que darían as notas dos últimos exames. Pasara a noite a pensar no ben que lle saíra e estaba seguro de que o aprobara. Era un día como todos salvo polo exame que facía que estivera intranquilo. Levantárase unha hora antes do que tiña acostumado por que non podía durmir, duchouse e vestiuse, desaiunou, colleu as súas cousas e comezou a camiñar. Chegou a súa clase antes de que o timbre tocara, a nota sería entregada á primeira hora polo que non podía esperar máis. Ese día o profesor retrasouse porque como era costume formárase un atasco por mor dun accidente entre un coche e un camión no medio da estrada principal. O tempo parecíalle que ía moito máis lento do normal, miraba o reloxo unha e outra vez pero tiña a sensación de que cada vez que miraba as agullas non se moveran. Finalmente o profesor chegou con todos os exames na man e sen máis dilación comezou a entregalos. Ó chegar a el parou repentinamente e dixo: "Este exame está moi mal,non estudaches nada". Esta frase comezou a resonar na súa cabeza, como lle podía haber saído tan mal. Non o cría e cando o exame tocou as súas mans comezou a pasar desesperadamente as follas que el mismo escribira. Comezou a ler todas as notas do seu titor, cheas de críticas sobre a súa expresión que el cría absurdas. A medida que pasaba follas, a súa rabia aumentaba sen parar, levántase e sen dar explicacións comeza a insultar o seu profesor, dicindo que non se podía chamar profesor a alguén así, sen prácticamente idea sobre ensinanza, o profesor miraba impábido ó seu alumno que en contra do resto de suspensos se atrevera a contradicilo. Dionisio, que así se chamaba o protagonista, colleu o seu paraugas cunha man e mentras continuaba os seus insultos foi achegándose ó profesor para levar a cabo o seu plan, non podía permitir baixar as súas calificacións por mor dun profesor incompetente. Colleu o paraugas coas dúas mans e arremeteu contra o seu profesor ata que este caeu o chan diante do resto dos alumnos que miraban ó seu compañeiro asustados e gritando. Dionisio colleu o paraugas e... espertou, todo fora un sono, quedárase durmido vendo a televisión e chegaba tarde as súas clases.

No hay comentarios:

Publicar un comentario