miércoles, 23 de junio de 2010

Atropelo

Era unha noite de chuvia. Na zona era normal e unido a unha forte néboa, a visibilidade era nula.
Un home ía pola carreteira que leva a Ponteareas, onde vivía dende uns anos atrás. Estaba canso porque traballara todo o día. Tiña sono e os párpados pesábanlle.
De súpeto, pecha os ollos sen poder evitalo e nota como algo vate contra o coche. Frea rapidamente e vai ver o acontecido. Encóntrase cun charco de sangue e unha muller tirada nel. Mais atrás pode verse a bici na que parecía que ía. O condutor non sabe que facer. Fora unha temeridade coller o coche nas súas condicións. Pensaba que se se entregaba, sería tratado como un criminal. Con esas condicións de chuvia e néboa non puidera ver de lonxe a muller e de cerca non se deu conta ó pechar os ollos.

Tras pensar uns minutos no acontecido, decidiu non entregarse e fuxir. Colleu o coche e sen que ninguén o vira, fuxiu.
O chegar a súa casa en Pontereas comezou a pensar de novo no que fixera. Sen pensar en si a muller estaba viva escapou evadindo a súa irresponsabilidade. Tamén pensaba en se alguén o vira, reflexionou e comezou a pensar que estivera moito tempo alía parado. Algún veciño puido darse conta do ruído e saír ver o que pasaba.
Non ceara pensando no acontecido. Non lograba sacar da súa cabeza que pechara os ollos ó volante. Pensou que tras unha ducha se relaxaría e así o fixo.
Despois da ducha pensou que tiña que descansar e votouse a durmir. Non tiña sono pero pensaba que si seguía dándolle voltas, tolearía. Puxo o despertador para ir traballar o día seguinte e apagou a luz.

O despertador tocou as sete da mañá como facía todos os días. Levantouse, vestiuse e comeu algo. Estaba de mellor humor pensando en que tal vez a muller fora atopada a tempo e fora levada ó hospital.
Colleu o coche e dispúxose a ir traballar. Ó chegar o tramo onde sucedera todo mirou que xa limparan o sangue, o que lle sacou unha sorisa facendo mais próxima a posibilidade de que estivera viva. Aparcou o coche e chegou ó traballo. Traballaba nun banco polo que tiña tempo para ler o periódico na hora do café. Cal foi a súa sorpresa cando ó abrilo, na primeira páxina, aparecía unha foto da muller que atropelara. Temeuse o peor pero pensou que primeiro tiña que ler a noticia. Nela puña que fora atopado por un veciño o corpo sen vida dunha muller. Tamén dicía que se estaba a investigar o acontecido pero que polo momento non se tiñan datos do condutor do vehículo, aínda que existía unha testemuña que dicía que vira o coche antes de darse a fuga.

O home pensou que tiña que irse do traballo a reflexionar sobre o que ía a facer. Puxo como escusa que a súa nai fora hospitalizada e volveu a súa casa.

Polo camiño fixouse en que cerca do lugar do crime solo había unha casa, polo que a testemuña tiña que vivir alí.


Ó chegar a casa pasoulle pola cabeza en ir a desfacerse da testemuña. Se o mataba ninguén o podería relacionar. Pero qué estaba pensando?. Como ía matar a máis xente, en que se convertera?.
Pensou en que tivo que quedar coa muller. Non tivera que escapar. Pensaba que xa non podía entregarse á policía, xa era un asasino. Non sabía que facer, non podía escapar para sempre da xustiza. Sabía que tiña moitas posibilidades de ir ó cárcere porque fora visto mentres fuxía.

Non lle quedaba outra opción. Chamou a súa familia, despediuse e foi dar unha volta pola marxe do río. Subiu a ponte romana e cando se estaba facendo de noite, colleu unha pistola do peto e pegouse un tiro na testa caendo ó río. Non puidera soportar a culpa e decidira suicidarse.

Culpabilidade

Era unha noite escura. Un home ía a súa casa por un camiño cando de súpeto viu que había unha luz no medio dunhas árbores e o ceo estaba cheo de fume. O home saíu correndo en dirección as árbores para saber que pasaba. Mentres corría vía que se ía achegando e canto mais se achegaba, mais fume había.
O home era un veciño da zona e recoñeceu que por alí cerca habitaba un home so.
O chegou viu como a luz proviña da casa que estaba ardendo sen control. A casa tiña dous pisos pero as lapas xa chegaran ó piso de arriba. O home aterrorizado pensando se habería alguén dentro deu a volta e dispúxose a chamar ós veciños e ós bombeiros. Mentres corría ó pobo mais cercano, que se chamaba Barcia, ía pensando en como explicaría o que vira para que lle fixeran caso pola sona que tiña de que soía beber moito.

Ó chegar petou en todas as portas mentres gritaba ¡Lume, lume, hai lume¡.
Os veciños aterrados pola idea de que fora verdade chamaron ós bombeiros e saíron correndo para intentar apagar as lapas.


Cando a masa de persoas chegou a casa ardendo, comezaron a votar auga cuns caldeiros mentres non ían os bombeiros. Conseguiran apagar parte do lume cando os bombeiros, que viñan dun pobo que estaba lonxe, chegaron e comezaron a buscar persoas que poideran quedar dentro.
Os bombeiros non atoparon nada vivo pero si encontraron uns restos que parecían humanos.

Durante moito tempo os veciños especularon sobre como se iniciara o lume e porqué quedaran tan poucos restos. Os veciños especulaban sobre se primeiro fora asasinado e logo, para esconder as provas, prendéranlle lume a vivenda.

A policía fixo unha pesquisa entre os veciños por as estrañas circunstancias nas que quedara o cadáver sen atopar nada. O morto non tiña cartos, polo que non fora un roubo, e pasaba desapercibido entre os demais veciños. Vivía só nunha gran casa que construíra cando a súa muller vivía, estaba rodeada de flores e tiña unha pequena granxa. Dende que a súa muller morrera converteuse nun ermitán que so ía o pobo para comprar os alimentos imprescindibles.

Nin os bombeiros nin a policía lograran concretar como acontecera, e debido a que era unha aldea pequena e o morto non tiña parentes próximos que se puideran queixar, decidiuse deixar de investigar.

A pequena aldea quedara comezou a quedarse sen habitantes. Formouse a lenda de que algún loco que vivía cerca lle prendía lume as casas pola noite, o que facía que ninguén mercara unha casa cerca, e os habitantes que antigamente formaban o pobo, morrían de vellos.



Moitos anos despois descubriuse todo o acontecido cando se reabriu o caso. Os restos que se atoparan non tiñan que ser necesariamente humanos. En realidade, o home estaba sendo buscado pola xustiza, e cando se deu conta de que andaban cerca, finxiu a súa morte.
Os restos que quedaran eran dun porco o que mataran semanas atrás. Sacou todo o que lle podía ser de utilidade e abriu o gas para que o lume se estendera rapidamente.

O home escapou fora do país chegando a Portugal cando se fixo de día e alí comezou a súa vida dende o principio cunha identidade diferente. Mercou unha casa vendendo xoias que lle quedaran da súa muller das que ninguén sabía da súa esistencia.
Cando xa non o andaba buscando a policía, voltou a súa vila de orixe, e quedouse espantado de que non vivía ninguén.
Preguntou nas vilas cercanas sobre o porqué das casas abandonadas e comentáronlle a historia sobre o suposto tolo que lle prendía lume as casas.


O home non pode soportar a idea de que todos os seus veciños morreran ou desapareceran pola súa culpa, e vendo que xa non quedaba nada da casa onde vivira coa súa muller, decide acabar coa súa vida.
Diríxese as ruínas e despois de ver como quedara a súa vivenda, pégase un tiro vendo o amencer.

O misterioso profesor

Chamábase Pedro e era un profesor moi particular. Era solitario na escola e non parecía que tivera moitos amigos. As poucas veces que o vira falar con algúen fora coa xefa de estudos, e sempre discutían sobre como se queixaban os alumnos das calificacións e da forma de explicar que tiña. Impartía a asignatura de bioloxía e sempre corrían rumores sobre as veces que o viran saír da escola con grandes bolsas.
Tocáralle unha asignatura difícil de impartir e non era capaz de controlar ó gran número de alumnos. Soía chegar á clase e sen mediar palabra, comezar a explicar todo o temario. As súas clases facíanse monótonas e repetitivas. Só fixéramos unha práctica da asignatura que fora a disección dun rato pero non saíra ben e decidiu non voltar a levarnos ó laboratorio onde se realizaban as prácticas, o que aumentou o aburrimento do alumnado pola maior monotonía das clases. Na súa hora o tempo parecía deterse, eran horas interminables nas que nunca pasaba nada. As tardes calurosas mirabamos pola ventá como voaban os paxaros pero Pedro percatábase e comezaba a rifarnos.

En torno a el se formara unha lenda de que levaba mortos nas bolsas e isto era deducido do decrecemento no número de alumnos nos últimos meses aínda que a mín isto parecíanme contos de tolos ata o día final.

Era pola tarde, non había xa clases pero tíñamos que facer un exame. Pola tarde todas as persianas se baixaran e os corredores estaban escuros polo que me producía unha certa inquietude a situación ata que atopei a clase e comecei o exame. Preparárao bastante tempo polo que estiven bastante tempo polo que quedei ata o final, saíndo cando xa non quedaban máis compañeiros.
Ó ter que ir polos corredores a miña inquietude volvera pero xa sabía o camiño de regreso e decidín ir buscar os libros que deixara na miña clase pola mañá para estudar a fin de semana.
Non me percatei do paso do tempo e campo cheguei á porta principal xa estaba pechada polo que para saír tiña que buscar ó conserxe.

Adentreime polos corredores ata que escoitei ruído e decidín rematar a miña aventura indo ver de onde viña. Era nun dos laboratorios, petei a porta pero como ninguén me escoitou entrei. Ó abrir a porta esvaroume un libro que levaba e caeume ó chan. Agacheime a collelo e decateime de que estaba húmido, polo que encendín a luz para saber o que acontecera.
O prender a luz a peor dos meus pesadelos fíxose verdade. Todo o que recubría o meu libro era sangue e podía verse un enorme charco no chan. A miña curiosidade fixo que me adentrara máis na habitación para asegurarme de que ningén estaba ferido pero so atopei un obxecto enriba dunha mesa tapado cunha manta. Turrei da manta cara atrás e puiden ver o rostro dun dos que estivera facendo o exame comigo. Estaba morto, non tiña pulso e arredor do peito tiña unha mancha de sangue.
Pensei en que o seu asesino podía estar preto e rapidamente apaguei a luz e botei a correr. Sin mirar atrás corrín ata chegar a saída de emerxencia e sen medo a que saltara a alarma, tirei dela e seguín correndo ata un agocho preto do río.

Meus pais non estaban polo que non lle podía contar a ninguén o acontecido polo que comecei a reflexionar para tomar unha decisión, contarllo á policía ou gardalo como un segredo.

Comecei a pensar que se llo contaba á policía, non me creería polo que reflexionei e comecei a unir ideas, podía ser que as bolsas que levaba Pedro foran cadáveres de alumnos e esa era a forma que tiña de vingarse deles. A partir de esta idea decidín contarllo á garda civil evitando un asasinato en masa.

Fun para a miña casa, agardei ós meus pais, conteille o sucedido e fumos á policía. Tras contar a miña historia, a policía creume e decidiu votar unha ollada no colexio.
Entramos pola porta pola que escapara, seguimos a ruta que tomara, chegamos a habitación e, de súpeto, despertei na miña cama.

Todo fora un pesadelo froito da miña imaxinación.