jueves, 24 de marzo de 2011

DÍA 2

Topo fora un pesadelo, pero era tan real, como podía haber soñado con iso. Os exames foran facía un mes e xa entregaran as notas. Qué lle levara a pensar todo iso?. Quitara boas notas e non suspendera ningunha asignatura. Pensou que só fora un pesadelo e levantouse. As clases remataran pero quedara cuns compañeiros para saír dar unha volta. Mirou o reloxo e faltaba pouco polo que se preparou rapidamente e saíu á rúa. Cando chegou cerca da porta da igrexa aínda non vira a ninguén, abriu o teléfono e decatouse do que pasaba, era o 28 de decembro e non se dera conta, seguro que os compañeiros lle gastaran unha broma e non tiñan pensado ir ou ían quedar noutro sitio. Esperou un rato máis e púxose a camiñar pola rúa. Ía voltar á súa casa porque seguramente os seus amigos se estarían rindo del. Correra para non chegar tarde para nada. Comezou a pensar en vingarse pero non era da clase de persoas que comete actos sen pensar. Chegou preto da casa dun dos amigos cos que quedara cando de repente mira as luces dun coche da policía, Arrimouse un pouco máis e puido ver como estaban entrando na casa do seu amigo Moisés. Comezou a pensar en que lle pasaría, Moisés non era deses rapaces que se meten en líos. Sacou forzas de flaqueza e arrimouse a preguntar cando de repente sae a nai de moisés pola porta. Dionisio achégase a preguntarlle qué pasara. Moisés morreu, díxolle a nai.

No hay comentarios:

Publicar un comentario