miércoles, 23 de junio de 2010

O misterioso profesor

Chamábase Pedro e era un profesor moi particular. Era solitario na escola e non parecía que tivera moitos amigos. As poucas veces que o vira falar con algúen fora coa xefa de estudos, e sempre discutían sobre como se queixaban os alumnos das calificacións e da forma de explicar que tiña. Impartía a asignatura de bioloxía e sempre corrían rumores sobre as veces que o viran saír da escola con grandes bolsas.
Tocáralle unha asignatura difícil de impartir e non era capaz de controlar ó gran número de alumnos. Soía chegar á clase e sen mediar palabra, comezar a explicar todo o temario. As súas clases facíanse monótonas e repetitivas. Só fixéramos unha práctica da asignatura que fora a disección dun rato pero non saíra ben e decidiu non voltar a levarnos ó laboratorio onde se realizaban as prácticas, o que aumentou o aburrimento do alumnado pola maior monotonía das clases. Na súa hora o tempo parecía deterse, eran horas interminables nas que nunca pasaba nada. As tardes calurosas mirabamos pola ventá como voaban os paxaros pero Pedro percatábase e comezaba a rifarnos.

En torno a el se formara unha lenda de que levaba mortos nas bolsas e isto era deducido do decrecemento no número de alumnos nos últimos meses aínda que a mín isto parecíanme contos de tolos ata o día final.

Era pola tarde, non había xa clases pero tíñamos que facer un exame. Pola tarde todas as persianas se baixaran e os corredores estaban escuros polo que me producía unha certa inquietude a situación ata que atopei a clase e comecei o exame. Preparárao bastante tempo polo que estiven bastante tempo polo que quedei ata o final, saíndo cando xa non quedaban máis compañeiros.
Ó ter que ir polos corredores a miña inquietude volvera pero xa sabía o camiño de regreso e decidín ir buscar os libros que deixara na miña clase pola mañá para estudar a fin de semana.
Non me percatei do paso do tempo e campo cheguei á porta principal xa estaba pechada polo que para saír tiña que buscar ó conserxe.

Adentreime polos corredores ata que escoitei ruído e decidín rematar a miña aventura indo ver de onde viña. Era nun dos laboratorios, petei a porta pero como ninguén me escoitou entrei. Ó abrir a porta esvaroume un libro que levaba e caeume ó chan. Agacheime a collelo e decateime de que estaba húmido, polo que encendín a luz para saber o que acontecera.
O prender a luz a peor dos meus pesadelos fíxose verdade. Todo o que recubría o meu libro era sangue e podía verse un enorme charco no chan. A miña curiosidade fixo que me adentrara máis na habitación para asegurarme de que ningén estaba ferido pero so atopei un obxecto enriba dunha mesa tapado cunha manta. Turrei da manta cara atrás e puiden ver o rostro dun dos que estivera facendo o exame comigo. Estaba morto, non tiña pulso e arredor do peito tiña unha mancha de sangue.
Pensei en que o seu asesino podía estar preto e rapidamente apaguei a luz e botei a correr. Sin mirar atrás corrín ata chegar a saída de emerxencia e sen medo a que saltara a alarma, tirei dela e seguín correndo ata un agocho preto do río.

Meus pais non estaban polo que non lle podía contar a ninguén o acontecido polo que comecei a reflexionar para tomar unha decisión, contarllo á policía ou gardalo como un segredo.

Comecei a pensar que se llo contaba á policía, non me creería polo que reflexionei e comecei a unir ideas, podía ser que as bolsas que levaba Pedro foran cadáveres de alumnos e esa era a forma que tiña de vingarse deles. A partir de esta idea decidín contarllo á garda civil evitando un asasinato en masa.

Fun para a miña casa, agardei ós meus pais, conteille o sucedido e fumos á policía. Tras contar a miña historia, a policía creume e decidiu votar unha ollada no colexio.
Entramos pola porta pola que escapara, seguimos a ruta que tomara, chegamos a habitación e, de súpeto, despertei na miña cama.

Todo fora un pesadelo froito da miña imaxinación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario