miércoles, 23 de junio de 2010

Atropelo

Era unha noite de chuvia. Na zona era normal e unido a unha forte néboa, a visibilidade era nula.
Un home ía pola carreteira que leva a Ponteareas, onde vivía dende uns anos atrás. Estaba canso porque traballara todo o día. Tiña sono e os párpados pesábanlle.
De súpeto, pecha os ollos sen poder evitalo e nota como algo vate contra o coche. Frea rapidamente e vai ver o acontecido. Encóntrase cun charco de sangue e unha muller tirada nel. Mais atrás pode verse a bici na que parecía que ía. O condutor non sabe que facer. Fora unha temeridade coller o coche nas súas condicións. Pensaba que se se entregaba, sería tratado como un criminal. Con esas condicións de chuvia e néboa non puidera ver de lonxe a muller e de cerca non se deu conta ó pechar os ollos.

Tras pensar uns minutos no acontecido, decidiu non entregarse e fuxir. Colleu o coche e sen que ninguén o vira, fuxiu.
O chegar a súa casa en Pontereas comezou a pensar de novo no que fixera. Sen pensar en si a muller estaba viva escapou evadindo a súa irresponsabilidade. Tamén pensaba en se alguén o vira, reflexionou e comezou a pensar que estivera moito tempo alía parado. Algún veciño puido darse conta do ruído e saír ver o que pasaba.
Non ceara pensando no acontecido. Non lograba sacar da súa cabeza que pechara os ollos ó volante. Pensou que tras unha ducha se relaxaría e así o fixo.
Despois da ducha pensou que tiña que descansar e votouse a durmir. Non tiña sono pero pensaba que si seguía dándolle voltas, tolearía. Puxo o despertador para ir traballar o día seguinte e apagou a luz.

O despertador tocou as sete da mañá como facía todos os días. Levantouse, vestiuse e comeu algo. Estaba de mellor humor pensando en que tal vez a muller fora atopada a tempo e fora levada ó hospital.
Colleu o coche e dispúxose a ir traballar. Ó chegar o tramo onde sucedera todo mirou que xa limparan o sangue, o que lle sacou unha sorisa facendo mais próxima a posibilidade de que estivera viva. Aparcou o coche e chegou ó traballo. Traballaba nun banco polo que tiña tempo para ler o periódico na hora do café. Cal foi a súa sorpresa cando ó abrilo, na primeira páxina, aparecía unha foto da muller que atropelara. Temeuse o peor pero pensou que primeiro tiña que ler a noticia. Nela puña que fora atopado por un veciño o corpo sen vida dunha muller. Tamén dicía que se estaba a investigar o acontecido pero que polo momento non se tiñan datos do condutor do vehículo, aínda que existía unha testemuña que dicía que vira o coche antes de darse a fuga.

O home pensou que tiña que irse do traballo a reflexionar sobre o que ía a facer. Puxo como escusa que a súa nai fora hospitalizada e volveu a súa casa.

Polo camiño fixouse en que cerca do lugar do crime solo había unha casa, polo que a testemuña tiña que vivir alí.


Ó chegar a casa pasoulle pola cabeza en ir a desfacerse da testemuña. Se o mataba ninguén o podería relacionar. Pero qué estaba pensando?. Como ía matar a máis xente, en que se convertera?.
Pensou en que tivo que quedar coa muller. Non tivera que escapar. Pensaba que xa non podía entregarse á policía, xa era un asasino. Non sabía que facer, non podía escapar para sempre da xustiza. Sabía que tiña moitas posibilidades de ir ó cárcere porque fora visto mentres fuxía.

Non lle quedaba outra opción. Chamou a súa familia, despediuse e foi dar unha volta pola marxe do río. Subiu a ponte romana e cando se estaba facendo de noite, colleu unha pistola do peto e pegouse un tiro na testa caendo ó río. Non puidera soportar a culpa e decidira suicidarse.

No hay comentarios:

Publicar un comentario